Lo útimo

Lo Último

jueves, 10 de marzo de 2016

Galicia | Aprobada la Oferta de Empleo Público docente para 2016 (definitiva)

DECRETO 21/2016, do 25 de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

Cuantificación da oferta de emprego público
Corpo de mestres: 500.
Corpo de profesores de ensino secundario: 478.
Corpo de profesores técnicos de formación profesional: 122.
Corpo de inspectores de educación: 12.
Distribución das prazas do corpo de profesores de ensino secundario
As prazas correspondentes ao corpo de profesores de ensino secundario distribuiranse entre o sistema de ingreso libre e a promoción interna do seguinte xeito:
a) Sistema de ingreso libre: 382.
b) Sistema de acceso desde os corpos docentes clasificados no subgrupo A2: 96.
Reserva para persoas con discapacidade
Do total de prazas ofertadas para ingreso e acceso reservarase unha cota do 7% do conxunto delas para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. A distribución da dita reserva por especialidades efectuarase na convocatoria das probas selectivas. No suposto de que algunha persoa aspirante con discapacidade que se presentase pola quenda de reserva supere a proba e non obteña praza na citada quenda, sendo a súa puntuación superior á obtida por outro persoal aspirante do sistema
de ingreso ou de acceso, será incluído ou incluída pola súa orde de puntuación no sistema que proceda.